O BNG constitúe a asemblea local de Ortigueira, con Fani Pérez como responsable

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

De esquerda a derecha, Manuel Riveira, Fani Pérez, Pilar Lozano e Marco Schaal
De esquerda a derecha, Manuel Riveira, Fani Pérez, Pilar Lozano e Marco Schaal CEDIDA

O concelleiro, Marco Shaal, é o número dous, e Manuel Riveira ocuparase da área de mocidade

11 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG de Ortigueira vén de constituír a súa asemblea local, con Fani Pérez como responsable. Manuel Riveira levará a área de mocidade e Marco Schaal, concelleiro e portavoz municipal, foi designado número dous da asemblea.

«É unha realidade grazas ao compromiso e o continuo crecemento de militantes e simpatizantes», manifestou Pérez. Convencida, dixo, de que os nacionalistas chegarán ás eleccións de 2027 «máis reforzados e dispostos a que Ortigueira se converta nun concello BNG».

Schaal esgrimiu «o traballo político de base, como o corazón que impulsa a súa loita». Asistiron o deputado Mon Fernández e a responsable comarcal, Pilar Lozano.