Hai saídas guiadas na fin de semana
16 nov 2024 . Actualizado a las 11:23 h.As décimo cuartas Xornadas Micolóxicas organizadas polo colectivo Terra, en Pontedeume, comezaron o venres e seguen hoxe, cun roteiro guiado ao Forgoselo (9.30 horas) e unha palestra micolóxica (18.00), con José M.ª Costa Lago.
Acabarán o domingo, cunha saída guiada ás Fragas do Eume (10.30) e a presentación da «Nova guía de cogumelos de Galicia», con José Manuel Castro Marcote (17.00).
Na xornada inicial presentouse o libro de Luis Cuba sobre os cogomelos de Ortegal, aparte de facer unha sesión de identificación de exemplares.