Charlas da presidenta do Consello da Cultura Galega e do arquitecto Jorge Salgado, en Pontedeume

LA VOZ PONTEDEUME

PONTEDEUME

Rosario Álvarez, nunha imaxe de arquivo
Rosario Álvarez, nunha imaxe de arquivo PACO RODRÍGUEZ

O Ateneo Fernán Martís organiza os encontros, este xoves e este venres

09 abr 2025 . Actualizado a las 19:09 h.

O Ateneo Fernán Martís, organiza dous anos para estes días. A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, abordará a fala en Pontedeume. Como recorda Pepe Barro, Álvarez «estivo en Pontedeume no ano 1974 para realizar as enquisas do «Atlas Lingüístico de Galicia», encomendadas polo Instituto da Lingua Galega».

Daquela, engade, «os seus informantes foron Juan Domínguez, Pandel, e sobre todo Xosé Paz, máis coñecido como Pepe do Cruceiro». A cita terá lugar este xoves, ás 19.30 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume. Colaboran o Concello e a Deputación da Coruña

Ao día seguinte, o venres, intervirá o arquitecto Jorge Salgado, autor da memoria do proxecto da Área de Rehabilitación Integral (ARI) de Pontedeume, que non chegou a aprobarse. Tamén é o responsable de varias obras de rehabilitación no casco histórico, «singulares e brillantes», como remarcan os organizadores da súa intervención. Falará este venres, ás 19.30 horas, tamén na Casa da Cultura eumesa.