
PP e PSOE ven esgotado o proxecto do BNG, que insiste en que lle queda «moito por facer»
16 may 2023 . Actualizado a las 17:31 h.San Sadurniño é o principal feudo do BNG na comarca de Ferrolterra. Secundino García Casal leva 16 anos ao fronte do goberno local, os últimos 12 con maioría absoluta, que espera revalidar o 28M. PP e PSOE ven esgotado o proxecto nacionalista, e o rexedor e candidato á reelección insiste en que lles «queda moito por facer».
O BNG ten sete concelleiros, o PP, tres, e o PSOE, que renova ao cabeza de lista, un. O municipio, con 2.792 habitantes no 2022, segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística, perdeu 639 dende o ano 2000, o que equivale a un 18,62 %, unha porcentaxe menor ca outros concellos do interior da comarca.

Secundino García Casal, BNG: «A atención ás persoas ten que ser o centro da política»
O nacionalista Secundino García Casal, empregado de Intasa de 57 anos, leva 16 de alcalde (os catro primeiros en coalición co PSOE e desde 2011 con maioría absoluta) e aspira a revalidar o cargo. Veciño de Igrexafeita, recoñece as dificultades deste mandato, condicionado pola pandemia e pola crise de prezos. Malia todo, sostén que «o nivel de cumprimento dos obxectivos marcados en 2019 é alto». «Se algo aprendemos das desgrazas destes anos é que a atención ás persoas ten que ser o centro da política», sentenza.
—Que logro valora máis?
—Ter uns servizos públicos atendidos desde a esfera pública, coma o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), con 18 persoas no plantel municipal, ás que lles melloramos as condicións de traballo porque pensamos que esa é a maneira, nun contexto de conflitividade nese sector pola precarización, para garantir unha boa calidade na prestación do servizo.
—Segue pendente o Plan Xeral.
—Si, sempre hai promesas que non se dan cumprido, e non por culpa da Administración local, no caso da aprobación do Plan Xeral, que xa vén desde 2005. Estamos á espera dun informe sectorial de Augas, que se eterniza, imposibilitando que saia adiante unha ferramenta fundamental para a política local, que permite ter ordenado o territorio, algo que é un obxectivo irrenunciable.
—Que queda por facer logo de 16 anos ao fronte do goberno?
—Moito. San Sadurniño é un concello participativo, transparente e democrático, pero queremos seguir afondando na participación veciñal, para que a xente non se alonxe da política municipal, tirando das novas tecnoloxías e tendo en conta as novas formas de relacionarse da sociedade. Temos un problema de acceso á vivenda, sobre todo para a xente moza, cando hai un parque de vivendas abandonadas. Esa é unha das nosas liñas estratéxicas. E tamén seguir estendendo servizos como a auga, aproveitando as traídas veciñais, e fomentando a compostaxe doméstica.

María Belén Trigo Meizoso, PP: «O gasto corrente é excesivo»
A M.ª Belén Trigo Meizoso, traballadora do sector hostaleiro de 50 anos, de novo cabeza de lista do PP, parécelle que o Concello «foi de mal en peor» nestes catro años. «Houbo moitos xuízos e en todos saímos perdendo e tendo que pagar cos cartos de todos, como o caso da cooperativa ou o funcionario ao que degradaron, e agora hai que pagarlle salarios, seguridade social, intereses, gastos de avogados...», apunta.
Critica que haxa «60 persoas en lista de espera do SAF e 900 horas sen utilizar mensualmente». Ve «excesivo» o gasto corrente, «con medio millón de euros máis e tendo que recorrer ao POS», e avoga por buscar «métodos de aforro enerxético, como leds ou paneis solares». Propón «máis investimento» e habilitar vivendas sociais no vello cuartel.
A candidata do PP defende, por outro lado, que este municipio «necesita un parque para os nenos e tamén para os maiores [...], a fraga máxica que montaron ao pé do río é máis un parque temático ca outra cousa, non está homologado pero hai xogos aos que se soben os nenos, con cordas para poder escalar, e como un día caia un neno o Concello vai ter que facerse responsable porque é terreo municipal».

Juan Alberto Rivera Franco, PSOE: «Faltan iniciativas, el gobierno local vive de inercias»
Juan Alberto Rivera Franco, psicólogo de Instituciones Penitenciarias de 49 años, debuta como alcaldable. Sostiene que el proyecto del BNG «está agotado y falto de iniciativas, vive de inercias».
El candidato socialista a la alcaldía apuesta por que el SAF llegue «a todas las personas que lo necesitan», por aprobar el Plan Xeral, mejorar el mantenimiento de pistas, el abastecimiento de agua y el saneamiento, y potenciar el municipio para atraer residentes y también turismo.