Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, no Festival do Río Castro en Naraío, San Sadurniño
SAN SADURNIÑO
SAN SADURNIÑO

Haberá actividades durante toda a xornada do sábado, día 1 de xullo
28 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre encabezan o cartel do vixésimo oitavo Festival do Río Castro, que se celebrará o 1 de xullo no campo da Bóla, en Naraío (San Sadurniño). Serán os primeiros en actuar pola noite, e despois haberá concertos de Carapaus e Mekánika Rolling Band.
Pero a actividade á beira do río arrincará pola mañá, coa sesión vermú (14.00 horas), coas escolas municipais de gaita, pandeireta e cantos de taberna; xogos para a rapazada (a partir das 15.30); e a actuación de César Freiría (o home-orquestra Cé Orquestra Pantasma), ás 17.30.
Pola tarde tamén se celebrará o campionato de deportes rurais por equipos (18.30). O autor do cartel deste ano é Juanlu Nacha.