San Sadurniño selecciona un condutor e un peón para contratos de cinco meses e medio

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

CEDIDA

O prazo para presentar as instancias remata este venres, 5 de abril

02 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello oferta un posto de condutor de camións e maquinaria municipal e outro de peón especial para labores de apoio no departamento municipal de Servizos (homes ou mulleres), cunha duración de cinco meses e medio.

O prazo de presentación de instancias remata este venres, día 5 de abril, e pode facerse de xeito presencial no consistorio local, por correo postal ou a través da sede electrónica do Concello ou doutra Administración.

Estas contratacións temporais forman parte do Plan de Emprego Local da Deputación da CoruñaNo caso do posto de condutor haberá que presentar copia do carné de conducir C, e para o de peón «abondará con estar en posesión do carné B e saber manexar a rozadora de fío», explican desde o Concello.

A maiores, as persoas aspirantes tamén deberán atoparse nalgunha das seguintes situacións: ser muller, ter máis de 45 anos,  ser persoa desempregada de longa duración -polo menos un ano como demandante-, ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%, que no fogar non haxa ningunha persoa empregada ou que sexa monoparental/monomarental, ter dificultade para atopar traballo por razóns de idioma ou socioculturais, non ter fogar, ser vítima de violencia de xénero ou encontrarse en situación de drogodependencia.