San Sadurniño será a capital do audiovisual galego do 6 ao 8 de setembro, co Chanfaina Lab

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

<span lang= gl >Foto de familia da oitava edición, o ano pasado</span>
Foto de familia da oitava edición, o ano pasado LEANDRO PAZ

O Concello abre a inscrición nos tres obradoiros que programa para antes e despois do encontro

30 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

San Sadurniño volverá ser a capital do audiovisual galego co Chanfaina Lab, do 6 ao 8 de setembro. Nesta novena edición, ademais dos tres días de gravación das pezas «e de intercambio de coñecemento entre os participantes», como apuntan desde o Concello, celebraranse novos obradoiros, fóra das datas do encontro.

O primeiro terá lugar o 21 e o 23 de agosto, co actor Kevin Lorenzo, sobre técnicas interpretativas útiles para cine e teatro. O seguinte será o 28 e o 30 de agosto, co documentalista Domingo D. Docampo, que abordará a importancia da produción e da planificación audiovisual.

E o último desenrolarase os días 9 e 16 de novembro, co realizador Juan Lestas, que falará da montaxe. Inscrición aberta no correo agustin.perez@sansadurnino.gal ou nos teléfonos 616 332 919 ou 616 016 793.