A Feira Rural San Sadurniño, produtos da terra e concurso de froita ao pé do río Xuvia, o 31 de agosto

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

LEANDRO PAZ

Os expositores teñen de prazo ata o día 23 para solicitar un posto no mercado

05 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Os expositores interesados en participar na Feira Rural de San Sadurniño, que cumpre 15 edicións, teñen de prazo ata o 23 de agosto para presentar as solicitudes, a no rexistro municipal ou na Casa da Cultura (de luns a venres), na sede electrónica do Concello ou por correo postal. O listado de admitidos publicarase o 26 na web e despois haberá que facer o pago.

As cotas son de 10 euros para os postos de ata cinco metros de frontal por cinco de fondo; 20 para os de 6 a 15 por 6 de fondo; e 30 para os de 16 a 20 por 10. Quen solicite toma de electricidade deberá pagar cinco euros máis. Para as entidades sen fins de lucro, a participación é gratuíta, previa solicitude. Os vendedores terán que ter montado o seu expositor polo menos ata as 19.30 horas o día da feira, o sábado 31.

Moitos despedirán agosto ao pé do paseo fluvial do Xuvia arredor dos produtos da terra, o concurso de froita, as exposicións e as propostas paralelas para todos. O Concello busca «mostrar as oportunidades de desenvolvemento vinculadas ao agro e ao medio ambiente». Quen requira máis información pode dirixirse a agustin.perez@sansadurnino.gal ou ao 616 332 919, de luns a venres pola mañá.