San Sadurniño proxecta o documental «Bravú XXX», este sábado

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

Xurxo Souto dirixe o documental
Xurxo Souto dirixe o documental MARCOS CREO

Xurxo Souto, exlíder dos Diplomáticos de Monte Alto, repasa a historia deste movemento

15 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Este sábado, ás sete e media da tarde, está prevista a proxección do documental «Bravú XXX», na Casa da Cultura de San Sadurniño.

Producido por Nós Televisión polo 30 aniversario do movemento bravú, con apoio da Deputación, está dirixido por Xurxo Souto, exlíder dos Diplomáticos de Monte Alto.

O Concello recorda que se poden reservar as entradas, que son gratuítas, no correo agustin.perez@sansadurnino.gal ou no 616 332 919.