O torneo de xadrez, que se celebra este xoves, é a primeira das actividades da programación de Nadal de San Sadurniño
SAN SADURNIÑO
SAN SADURNIÑO

O Apalpador chegará o venres á escola infantil e o sábado, ao centro urbano
19 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A programación de Nadal do Concello de San Sadurniño arranca hoxe co torneo de xadrez, que coincidirá co espectáculo de circo de Culturactiva (12.00 horas, na praza Ramón Díaz Raña).
O Apalpador chegará o venres á escola infantil A Rolada e andará polo centro urbano o sábado (18.00 horas). Ese mesmo día, a Asociación de Veciños O Castelo de Narahío programa un obradoiro de cantares de Nadal, co colectivo Vai Rañala Meu (18.00).
Despois teñen prevista unha merenda con chocolate e visita do Apalpador ao local social da Veiga (20.00). Para rematar cunha foliada libre con Les Trovadores.