San Sadurniño evoca a Rosalía cunha mostra da súa obra, debuxo e rock & roll

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

CEDIDA

A primeira actividade é este venres, cunha actuación de Pakolas 

21 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

San Sadurniño evoca a Rosalía cunha mostra sobre a súa obra, cos fondos que posúe a biblioteca municipal de narrativa e poesía, por orde cronolóxica e con fichas explicativas «para comprender mellor a visión que tiña do mundo a escritora de Iria Flavia». Pero a programación do Concello polo Día de Rosalía, o 23 de febreiro, non só é literaria.

Ademais da exposición da Casa da Cultura, o Concello propón un concurso de debuxo, con dúas categorías, unha para menores de ata 12 anos e outra para calquera persoa de 13 ou máis. As ilustracións poderán entregarse na Casa da Cultura ou a través do correo bbliosansa@hotmail.com, do 23 de febreiro ao 3 de marzo.

Tamén se programa o espectáculo Cores, contos e Rock'n'roll con Ramona Órbita, de Pakolas, este venres, con entrada gratuíta (hai que reservar o convite no 616 332 919 ou no correo agustin.perez@sansadurnino.gal).