San Sadurniño cede o uso da escola da Leiriña á ONG Briegal

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

CÉSAR GALDO

A Asociación de Busca e Rescate en Emerxencias de Galicia usará o local como espazo de reunión

16 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación de Busca e Rescate en Emerxencias de Galicia (Briegal) utilizará a antiga escola indiana da Leiriña, en San Sadurniño, como punto de almacenamento de materiais e espazo de reunión.

Así se recolle no convenio asinado polo alcalde, Secundino García, e o presidente do colectivo, Manoel Tato, cunha vixencia inicial de tres anos e sen custe económico. Iso si, a organización comprométese a asesorar ao Concello «en materia de planificación e resposta ante emerxencias, e a levar a cabo accións formativas e de sensibilización entre a veciñanza», indican fontes municipais.

Briegal naceu no ano 2023, por iniciativa de varios profesionais de distintos servizos de bombeiros de Galicia, para prestar apoio en catástrofes naturais.