San Sadurniño reivindica o pracer sexual na idade avanzada cunha sesión formativa
SAN SADURNIÑO
SAN SADURNIÑO

O obradoiro terá lugar en Santa Mariña do Monte, do día 25
20 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.«Corpos maiores, praceres mellores» é o título do obradoiro que se celebrará o domingo, día 25, ás 18 horas, en Santa Mariña do Monte, coorganizado polo Concello de San Sadurniño e a asociación cultural da parroquia.
A sexóloga Jeane Costa impartirá a sesión, que pretende «visibilizar a sexualidade na madurez, ademais de ser un espazo seguro e respectuoso para falar do pracer, o benestar ou o autocoidado en idades avanzadas». A
área municipal de Igualdade reivindica o pracer sexual na terceira idade, fronte á visión tradicional «moitas veces reducionista e centrada nos corpos xuvenís». O encontro servirá para romper prexuízos arredor deste tema.