San Sadurniño celebra o Día de Galicia coa «música abraiante» de Iria Folgado

Patricia Hermida Torrente
P. Hermida SAN SADURNIÑO / LA VOZ

SAN SADURNIÑO

A oboísta Iria Folgado, no concerto en San Sadurniño.
A oboísta Iria Folgado, no concerto en San Sadurniño. David Landrove

O patio do Concello acabou cheo de xente para escoitar á súa veciña

26 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Nun patio do Concello de San Sadurniño cheo de xente para escoitar á súa veciña, a oboísta Iria Folgado ofreceu onte un concerto «abraiante porque non hai outro calificativo». Así definen desde o Concello a súa actuación: «Mercamos e escoitamos o traballo Ecos de Breogán e por iso xa sabiamos que este primeiro traballo de Iria Folgado, a oboísta de Outeiro, era unha delicia; pero asistir a unha interpretación ao vivo é outro nivel».

Ambientazo no concerto de Iria Folgado.
Ambientazo no concerto de Iria Folgado. David Landrove

A súa formación de cámara, coa que iniciou a súa xira Ecos Tour en San Sadurniño, está integrada polas violinistas Raquel Areal e Sara Areal, coa viola de Héctor Cámara e o violonchelo de Iago Domínguez, «con vento e cordas que nos traen ecos melódicos do norte». E para os veciños a cita serviu para celebrar «unha mañá do Día de Galicia tan fermosa».

Iria Folgado interpretou música de cámara composta nas illas británicas a principios do século XX e creacións contemporáneas do galego Fernando Buide del Real. Nacida en 1996, filla de Pilar e Pascual (do supermercado Outeiro), foi animada por unha mestra para entrar no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol. Alí conectou co óboe, marchando aos 18 anos a Alemania e gañando en 2020 unha praza na Konzerthaus Orchester de Berlín.