Unanimidade en San Sadurniño contra «o xenocidio» de Gaza

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

CEDIDA

BNG, PP e PSOE aproban unha declaración institucional de condena a Israel

03 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A corporación municipal de San Sadurniño aprobou, de maneira unánime, unha declaración institucional de condena «ao xenocidio cometido polo Estado de Israel contra o pobo palestino».

No texto, ratificado por BNG, PP e PSOE, esíxese «un cesamento inmediato dos ataques en Gaza, a apertura de corredores humanitarios, a ruptura de relacións diplomáticas e comerciais con Israel, o apoio ás accións xudiciais internacionais iniciadas contra Benjamin Netanyahu e a garantía do dereito do pobo palestino a un Estado soberano».

A declaración aprobada no pleno do xoves denuncia «os bombardeos indiscriminados sobre civís, a destrución masiva de infraestruturas, o bloqueo de axuda humanitaria e a expulsión forzada de millóns de persoas».