
A primeira edición foi en Zas, o ano pasado, e este ano chega á comarca
22 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Proxecta-Coordinadora Galega de Festivais de Cinema organiza o segundo Encontro Atlántico de Festivais de Cinema, que se celebra este venres na Casa da Cultura de San Sadurniño.
Busca ser «un espazo de diálogo, aprendizaxe e reflexión arredor do papel dos festivais no rural como motores de transformación», subliñan desde o Concello. Comezará ás 12.30 horas, cunha axenda repleta.
Pola tarde, abrirase á veciñanza e ao público en xeral cunha visita turística e cultural guiada polo académico Manolo González (17 horas) e xa de volta na Casa da Cultura, ás 19, comezará proxección de curtas realizadas pola veciñanza de San Sadurniño no marco do Chanfaina lab.
Ás 20:30h pasarase, tamén con entrada gratuíta, a longametraxe «Salvaxe, Salvaxe», coa presenza do seu director, Emilio Fonseca, e da produtora, Xiana do Teixeiro, que conversarán co público. E ás 22, na Sala Dzine, actuará a cantautora galega Su Garrido Pombo.