egún a experiencia e despois de escoitar a persoas, tanto galegas como foráneas, as principais vías da provincia son unhas das máis modernas de España, iso si, tamén foron as últimas en facerse. Casos como a vía rápida a Sarria só se puido facer a metade, quedando unha vía que nin é rápida, nin segura, e deixando aos condutores confusos á hora de circular. Están as estradas dependentes dos concellos, moitas impecablemente asfaltadas ata o mismísimo corral da casa, como é o caso da Pastoriza, a pesares da dispersión de poboación. A cruz da moeda témola en concellos que hai anos que nin sequera se dignan a rozar as cunetas, e non vou dicir nomes...
As estradas tiñan que pasar unha revisión periódica, chegando a sancionar aos responsables do vial, igual que nos sancionan por levar os neumáticos gastados ou non ter pasada a ITV. Todo pode provocar accidentes, non só é culpa dos coches, e para iso pagamos os impostos de circulación, non?
Dicir que o uso de radares é unha forma eficaz de frear os accidentes, sempre e cando se poñan en sitios que en realidade hai accidentes. Se a recadación se empregara no seu 100% para formación, seguro que evitaríamos accidentes, pero por desgraza calquera persoa en España pode conducir un vehículo despois de ser «apto» nun exame que se basea en aparcamentos e circulación pola cidade.