Despedida con intelixencia

Xosé M. Rodríguez

FIRMAS

25 ene 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Ovello mestre de Cerreda foi quen de saber anticiparse as máis das veces ao futuro, xa dende que andaba de revisor do Mangana para rirse da miseria dos anos da fame. As vellas xenreiras que ía colleitando en cada episodio por non contar cunhas orixes «pata negra» multiplicáronse co motín dos deputados do PP de Ourense no 2004, coas liortas pola sucesión de Fraga e, máis recentemente, coa loita fraticida pola presidencia do PP provincial. O 20-N escribiuse o derradeiro episodio: cando aquel exministro e candidato a presidente do Goberno que non foi quen de desautorizar a Baltar naquel congreso do PP en Expourense no que lle pedían a súa cabeza chegou, esta vez si, a presidente do Goberno. Baltar escarmentou na cabeza de Fraga e non haberá un Prestige que marque o seu adeus.