Entre as medidas da nova proposta da reforma educativa anunciada polo Ministerio de Educación atópanse que os xóvenes no derradeiro curso da secundaria poden optar por estudar obrigatoriamente o primeiro curso de bacharelato ou o primeiro curso dun ciclo formativo de grado medio. Na primeira opción, para acceder a continuar no mesmo durante dous cursos máis, o que os conducirá ao ensino superior, e a opción da formación profesional levaraos de xeito inmediato a un posto de traballo, no cal verán posibilidades de éxito na súa vida laboral. Estas medidas van conlevar cambios de complexo encaixe nas escolas, pero sen dúbida, na miña opinión, considero que é un gran salto para impulsar a formación profesional e que esta sexa o referente para que os xóvenes que queiran acceder a un posto de traballo vaian mellor orientados, motivados e preparados. Este sistema (dual) proporciónalles a posibilidade de aprender traballando nas empresas, e á súa vez adaptarse ás necesidades de cualificación que demanda o actual sistema produtivo.