Un personaxe para lembrar

FIRMAS

Pouco sabemos de Matilde Vázquez máis aló da súa biografía «oficial», que nos informa do seu nacemento en Cambados e da súa pronta marcha a Madrid, onde comezou a que sería a súa carreira na zarzuela. Apenas se recorda hoxe en día na súa vila natal, como no momento se lle daba publicidade ás películas que protagonizaba tirando do ser «nativa» de Cambados. Porque Matilde Vázquez foi cantante, pero tamén deu os seus pasos como actriz, unha labor que, aínda que para ela secundaria, levouna a traballar con directores do prestixio de José Buchs ou Benito Perojo. Hai que recoñecer que eran, en xeral, unhas películas onde o favor do público estaba máis coa actriz que co filme en si, pero entre elas estiveron Prim (1930), filme español que comezou ás experimentacións co sonoro, ou un éxito da época como Doña Francisquita (1934). Estes feitos, dos que pouco queda na memoria, fan de por si desta cantante e actriz un personaxe de lembranza a reivindicar.