A MIT convoca a sétima edición do Premio Abrente para textos teatrais

ourense / la voz

FIRMAS

19 abr 2012 . Actualizado a las 18:32 h.

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia convocou onte a sétima edición do Premio Abrente de textos teatrais en lingua galega. A convocatoria que recuperou hai anos a MIT mantén a tradición e a filosofía dos recoñecidos Concursos de textos Abrente, celebrados na capital do Ribeiro entre os anos 1973 e 1980 e que diron a coñecer aos que, co paso dos anos, protagonizaron ou seguen a escribir a historia da escena en Galicia. O premio de Ribadavia é na actualidade «o único certame para escritores e escritoras en lingua galega destas características xunto ao Premio Álvaro Cunqueiro convocado pola Agadic».

O prazo de presentación de orixinais a esta convocatoria remata o día 1 de xullo e a dotación do Premio Abrente son 3.000 euros, una peza escultórica de Sampedro e a posible edición da obra na colección Abrente da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas.