Avelino Pousa Antelo, referente permanente nas comarcas

P. V. LALÍN / LA VOZ

FIRMAS

Participou en ducias de actos e tamén foi obxecto de recoñecementos

21 ago 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Avelino Pousa Antelo, era como todos os históricos galegistas, un correcamiños. Sempre acudía alí onde fervía a cultura, as letras, ou o agro. Nese devir do día a día os escenarios das comarcas de Deza e Tabeirós-Montes non só non foron unha excepción senón que foron localizacións nas que se prodigou especialmente a súa presenza. Onte, entre a moitas voces que se oubiron con motivo do pasamento de Pousa Antelo, falou outro oriúndo local, Xosé Vázquez Pintor, «do noso patriarca, memoria que nos deixa en terra boa» o tempo que recuperaba un poema adicado ao intelectual. Pero a historia local está chea de referencias da presenza de Avelino. Quizais unha das máis destacables e a do recoñecemento que xa no ano 2005 lle fixeran na Estrada a editorial Fervenza e o Concello con unha homenaxe.

Pero o ilustre galeguista deixou a súa pegada, as veces como o intelectual en solitario, outras con outros ilustres como Díaz Pardo, Alonso Montero, Neira Vilas,... en encontros como o dos Pereiriños de Olives no 2001; no aniversario de Castelao o ano pasado na Estrada; a homenaxe a García Caramés en Liripio no 2010; presentando un libro seu na Estrada no 2009; na inauguración da rúa Ramón de Valenzuela no 2008 na Bandeira. Respondeu a Adellís de Silleda para as Letras do 2007; acudiu a A Solaina no 2006 e a inauguración da biblioteca do Golmar de Lalín no mesmo ano; e moitas referencias máis en Cerdedo, Os Pendellos... A editorial Fervenza nombrouno xunto a Olimpio Arca presidente de Honra, en 2004.