«Hai moi boa colleita, deu moito mel o eucalipto e o castaño»

Inmaculada Eiroá González
INMA EIROÁ MONDOÑEDO/ LA VOZ

FIRMAS

A este colectivo están asociados 62 produtores da comarca

05 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Ramón Leiras non dubida en calificar de «moi boa» a colleita de mel deste ano. Achaca a circunstancia á falta de chuvia: «Se chove a candea dos castaños estropéase, pero este ano veu seco e conservouse e as abellas recolleron moito. Ao principio traballaron ben na flor de eucalipto e agora ao tarde, no castaño».