Propuxemos a Paz que definira a algúns dos seus contrincantes cun titular. Así respondeu.
-Jesús Vázquez (PP).
-É o maior exterminador do ensino fundamentalmente no rural.
-Pérez Bouza (CxG).
-Se realmente quere chegar a onde di que quere chegar, tomou o camiño equivocado.
-David Fernández Calviño (AGE).
-Non sei se sabe onde se meteu.
-Mario Conde (SCD).
-En política, como en todas partes, hai xente honesta e menos honesta pero Mario Conde é un señor que se lle ve vir de lonxe.
-Pachi Vázquez (PSOE).
-É un Atila da política.
-¿A súa mala relación con Pachi, pode ser un obstáculo para negociar un pacto co PSOE?
-O máis difícil sempre é poñerse de acordo cos proxectos. Aquí nesta mesa hai persoas que saben cal é a miña relación persoal con Pachi Vázquez pero eu creo que sería capaz de transcender desas cuestións para chegar a un acordo sobre propostas programáticas e alternativas políticas.
-Asume entón que haberá un pacto de goberno.
-Sempre que de nós dependa non imos favorecer como no caso de Estremadura, por exemplo, a investidura dun presidente do PP. Pero tampouco imos formar parte dun goberno para seguir practicando a política dos recortes. Ten que ser un goberno que se declare insubmiso ante esa política.
-Entendería o cidadán que pactaran con Beiras despois de non poder entenderse no BNG.
-Se os cidadáns nos obrigan a poñernos de acordo dúas ou tres forzas políticas será porque iso é o que queren que fagamos. Non depende tanto do que nos parece as forzas políticas que temos que ir negociar senón da vontade dos cidadáns.