GUERRA DE VIETNAM. Tivo lugar entre 1964 e 1975 e enfrontou a Vietnam do Sur e Estados Unidos contra Vietnam do Norte e a Fronte Nacional de Liberación (forzas guerrilleiras del Sur). Foi a primeira vez en toda a historia que EE. UU. perdeu unha guerra, que ademais marcou a toda unha xeración. Pereceron en combate uns 58.000 norteamericanos.
PARTIDO DEMÓCRATA. Un dos dous grandes partidos de Estados Unidos, que historicamente se repartiu o poder co Republicano (conservador). O candidato ás eleccións presidencias de comezos de novembro polo Partido Demócrata é Barack Obama.
GESTAPO. Foi a policía política secreta do Estado hitleriano, famosa pola súa extrema crueldade cos detidos. Unha vez gañada a guerra, o norteamericano Dwight Eisenhower ordenou a súa disolución e persecución implacable dos seus membros, que actuaban supervisados polas terroríficas SS.
DWIGHT EISENHOWER. Coñecido popularmente como Ike, durante a Segunda Guerra Mundial foi a máxima autoridade militar dos Aliados no frente occidental en Europa. Foi el quen organizou o desembarco de Normandía. Chegou logo a presidente de Estados Unidos, e como tal visitou España en 1959.
SS. Creadas en 1925 como a garda persoal do dirixente nazi Adolf Hitler, acabaron converténdose nun estado omnipotente e omnipresente dentro de Alemaña.
ESCOLA. Na Polonia da ocupación era algo completamente diferente ao de hoxe. Os nazis querían facer dos polacos unha «raza de escravos», de xeito que non necesitaban aprender practicamente nada. Os mestres organizaron as clases de maneira clandestina. Moitos foron asasinados por iso.
AUSCHWITZ. A 43 km da cidade polaca de Cracovia. Foi o gran campo de exterminio do nazismo, e ademais dos asasinados hai que contabilizar medio millón de persoas (como toda A Coruña e Vigo xuntas) que morreron por fame e enfermidades. Nel se levaron a cabo sanguinarios experimentos médicos con cobaias humanas.
DANTE ALIGHIERI. Poeta italiano nado en Florencia quizais en 1265. É autor de «A divina comedia», obra na que comeza a deixarse atrás o pensamento e a estrutura literaria medieval. Neste libro hai una morea de páxinas dedicadas ao inferno. Dante foi tamén un soldado moi belicoso e activo.
DEBNO. Pequena cidade limítrofe con Alemaña de algo menos de 14.000 habitantes, cun campo de petróleo preto dela descuberto no 2004. Ao igual có resto de Polonia, foi invadida polos nazis en 1939.