«Cantar nun bar é unha honra, son muller de taberna»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA MONDOÑEDO / LA VOZ

FIRMAS

09 nov 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O Porriño de Mondoñedo non é un bar calquera. Fai moito pola música galega e polas tradicións, acollendo concertos e cada martes aos amantes dos cantos de taberna (na última xornada xuntáronse 52 persoas). Xosé María Silvar Sés é a artista que esta noite, ás 23.00 horas, ofrecerá alí unha das súas actuacións.

-¿Como valora este concerto?

-Para min é unha honra, porque eu son unha muller de taberna. E ademais, das que vai compoñer a unha taberna. Teño varios temas dos que cantarei no concerto que foron compostos en tabernas clásicas, na taberna de aldea, cunha infusión e un lápiz e papel.

-Na Mariña xa ten actuado.

-Aínda que hai moita xente que non me coñece. Estiven en Ortigueira, Viveiro e Ribadeo e artistas como Ugía Pedreira (de Vilaronte-Foz) falan ben de min. É unha santa, xunto con Carlos Blanco e Uxía Senlle, aos que lles gustou moito o meu disco.

-¿Funciona polo boca a boca?

-Traballo moito así. Teño xente moi fiel, que me ven ver aos concertos, que confían máis nun colega que o que digan nun xornal.

-Veu de Arxentina algo acatarrada, me contaron.

-Por moito cambio de temperatura, dentro do país e do país a aquí. En Arxentina gosto máis das vilas que das cidades. É inmenso e os concertos en Bos Aires son demenciais.