«Coñecerei a emprededores de Europa e me cambiará a vida»

Mar García Balseiro
MAR G. BALSEIRO VIVEIRO / LA VOZ

FIRMAS

Lucas Requejo Fernández, presentando a súa idea no co-working WeCo de A Coruña.
Lucas Requejo Fernández, presentando a súa idea no co-working WeCo de A Coruña. cedida< / span>

Viveirense que representa a Galicia na iniciativa eStartupbus en París

26 nov 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O viveirense Lucas Requejo Fernández, arquitecto técnico e técnico superior en prevención de riscos laborais está a piques de comezar unha experiencia que o mesmo presupón que me cambiará a vida. Lucas representará a Galicia, seleccionado xunto a outros vinte e dous mozos de todo o país da experiencia eStartupbus, que se iniciará o próximo día 29 de novembro en Barcelona e culminará o día 2 en París de onde sairán os proxectos que uns días despois competirán por ser considerada a mellor idea emprendedora e captar a atención de investidores internacionais e representantes de empresas de proxección mundial como Google, YouTube e incluso o Fondo Monetario Internacional.

-¿Como xurdiu a posibilidade de participar nesta iniciativa? En qué consiste?

-Na búsqueda de facer realidade o que ata o momento era tan só un soño, atopei unha experiencia que agora vou vivir e por suposto aproveitar ó máximo. A experiencia toma o nome de eStartupbus da mán de dous irmáns de Sabadell que pretenden realizar en España o que tempo atrás fixera un australiano en Silicon Valley, co fin de que xente con ideas e decidida a materializalas en formato empresa, se lle plantexara máis accesible. Startup significa empresa de nova creación que parte dunha idea creativa diferenciada do resto de empresas de mercado, xeralmente son empresas asociadas á innovación, desenrolo tecnolóxico, deseño web, etc. Logo de que Samantha e Joan Álvarez organizaran parte do entramado de eStartupbus, puxéronse en contacto con eles os organizadores de Estados Unidos para propoñerlles que se uniran ó que será a segunda competición realizada en Europa e na que por primeira vez participa España. Parte dos recursos utilizados polos irmáns, foi realizar uns eventos onde a xente interesada acudía coa súa idea. Eu acudín ó evento realizado a principios de este mes no novo espacio de co-working WekCo situado en Coruña (www.wekco.net).

-E vostede e a súa idea representará a Galicia.

-Dos distintos eventos organizados por toda a xeografía española, fomos seleccionados vintedous dos trinta emprendedores que terán a posibilidade de subirse ó bus. O día 29 de novembro partiremos de Barcelona e chegaremos o día 02 de decembro ás oficinas de Google en París e alí poderemos compartir experiencias co resto de #buspreneurs, o nome que adquiren os emprendedores nesta experiencia, que parten das principales cidades europeas como son Londres, Oxford, Berlín, París, Amsterdam e Oslo. Non só se tratará de compartir, senon tamén de competir co resto de autobuses, para o que durante as 72 horas que pasemos en carretera polo país, os emprendedores de cada autobús desenrolarán os proxectos que presentarán na competición Europea.

-¿E despois deste recorrido de traballo en bus?

-Os mellores proxectos de Startupbus Europa obterán un pase directo á gran final de Startups que se celebrará en LeWeb 12 a partir do 4 de decembro. Alí atopánse as startups con maior potencial de todo o globo, cunha audiencia formada polos grandes inversores internacionais, emprendedores de prestixio e representantes das maiores empresas mundiais (Cita a Eric Schmidt, presidente executivo de Google; Chad Hurley, co-fundador y CEO de YouTube; Christine Lagarde, directora xeral do FMI, entre outros).

-¿Cales son as súas expectativas, que lle pode aportar esta experiencia?

- Gracias a StartupBus España formarei parte da rede de #buspreneuralumni e coñecerei a emprendedores de toda Europa cos que compartir unha experiencia que presupoño me cambiará a vida. Oxalá podamos traballar durante tres días nas oficinas de Google e así ter a oportunidade de participar en LeWeb12, un evento que acolle a máis de 3.000 asistentes de 60 países distintos para realizar a que xa se considera como a segunda competición de Startups máis importante do planeta. De toda esta experiencia espero que a miña idea salga ampliamente reforzada, xa que ésta nace co propósito de ofrecer unha alternativa de futuro á xente que realmente aposta por un cambio.