04 ene 2013 . Actualizado a las 06:00 h.
COs datos de inscritos no INEM son o reflexo dun ano dramático. É alarmante o incremento do paro, que medrou acadando cotas insostibes e o record de máis de 30.000 parados nunha provincia na que boa parte da súa poboación vive na emigración. Malia todo, estes datos non chegan a reflictir a gravidade da situación porque non teñen en conta o aumento considerable da emigración, pois moitos mozos e mozas colleron as maletas para buscar fora o que os gobernantes lle negan na súa terra. O máis grave é que nos orzamentos da Xunta non se articulan medidas de apoio a esta provincia. Apostase por máis pobreza e a exclusión social.