«Espero que neste mandato os vigueses paguen só a auga que consuman»

La Voz

FIRMAS

04 ene 2013 . Actualizado a las 06:00 h.

Santiago Domínguez comunicou onte a Abel Caballero a súa substitución. Iolanda Veloso todavía non se reuniu co alcalde.

-¿Cando falará co rexedor?

-Próximamente pedirei unha reunión con el.

-¿Que lle plantexará?

-Nada, de entrada será unha reunión formal.

-¿En que se notará a súa chegada ao posto?

-A verdade é que todas as estratexias as toma a organización; ademais, o grupo traballa en equipo e na etapa de Santi Domínguez cada quen tiña o seu propio espazo. Creo que non haberá cambios: é o mesmo grupo, a mesma organización e os mesmos intereses e proxectos. Non vai haber unha viraxe.

-Por falar dun tema concreto, ¿haberá un día no que os vigueses paguen só a auga que realmente consuman?

-Esa é unha pelexa que está a dar o BNG ao ser unha demanda da cidadanía. De feito, condicionamos a aprobación das novas taxas a este asunto. A decisión foi que mentras non se cambie a tarifa seguirá conxelada.

-¿Algún compromiso concreto? ¿Haberá novo recibo neste mandato, antes do 2015?

-Espero que si. En calqueira caso por fin temos un estudo sobre as opcións de tarifas. É un avance tras anos de espera.

-¿Será candidata á alcaldía?

-Iso o decidirá a organización.

-¿Gustaríalle?

-Vaia pregunta... Estou a disposición do que decida o BNG.