«Menos mal que nos forzaron a saír de Santiago»

Emma ARaújo SANTIAGO / LA VOZ

FIRMAS

XOÁN A. SOLER

A compañía arríscase cunha obra de gran formato en plena crise e cando se cumpre un ano da súa chegada a Teo

21 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Cando a compañía Chévere está a piques de cumprir un ano do seu desembarco en Teo chegados de San Lourenzo, a agrupación desconta os días para que o seu último traballo, Eurozone vexa mañá a luz, un traballo con concurso de ideas para o espazo escénico incluído que mestura a posta en escea da película de Tarantino Reservoir Dogs, e a Unión Europea.

-Hai un ano Chévere estaba coa corda ao pescozo e agora presentades unha producción de peso. Semella que, coa que está caendo foi un bo ano...

-Agora sentimos un alivio de vernos fóra de Santiago. Porque de sentirnos totalmente prexudicados, un ano despois sentimos un enorme alivio e chegamos á conclusión de que menos mal que nos forzaron a saír profesionalmente de Santiago. Aínda que como cidadáns temos que sufrir a vergoña de vivir nesta cidade. Prefiro Teo.

-Pero imaxino que tamén está sendo unha fonte de inspiración. Conde Roa, o roubo do Códice Calixtino... Aí hai filón.

-Ás veces, a realidade supera á ficción pero hai cousas que son evidentes. No caso de Conde Roa había auténtica conciencia da veciñanza de Santiago de achegarse ao caos. Pero tamén hai que dicir que temos o destino que escollemos, aínda que ninguén pensaba dimensión que están collendo as cousas. Semellan unha cova de ladróns. Pero con estas sinto amargura e non me parecen estimulantes para facer teatro.

-Pero nas vosas Ultranoites, o roubo do Códice xa estivo presente...

-¡Home! Hai seis meses fixemos unha zarzuela falando do suposto fondo sexual que agora aflora. Esta historia ten todos os ingredientes propicios e xa estamos pensando nun espectáculo sobre o Códice.

-Nada que ver co que tedes entre mans

-Eurozone fala de como se desfai o sistema de vida que temos e a farsa sobre a crise da zona euro.