¿Que fotos vemos e que fotos miramos?

La Voz

FIRMAS

Entre as noticias que chaman a nosa atención, impórtannos as relativas á máis recente actualidade
Entre as noticias que chaman a nosa atención, impórtannos as relativas á máis recente actualidade JAVIER BECERRA

27 feb 2013 . Actualizado a las 12:01 h.

1. ARQUIVO DE IMAXES

Eliximos, por exemplo, do arquivo de imaxes de La Voz algúns documentos moi amplos para elixir o que máis nos conveña.

? O 2012 en 10 vídeos de You Tube (La Voz, 30/12/2012). Desde hai uns anos, a xente xa non se fai famosa a través da tele. Agora é Internet quen eleva aos personaxes á fama. E gran parte de culpa tena You Tube, a mellor canle que existe na actualidade. Cunha cámara, conexión a Internet e un pouco de imaxinación, pódense facer grandes cousas.

? Gagnam Style. Sen dúbida, o fenómeno do ano na Rede, con máis de 1.000 millóns de visitas. O rapeiro surcoreano Psy fixo mundialmente coñecida esta canción.

? Simiocracia. O debuxante catalán Aleix Saló lanzou en abril a súa segunda historieta sobre a crise española.

? O salto de Felix Baumgartner. Lanzouse ao baleiro desde 39 km de altura. Visto por centos de millóns de persoas.

? Kony 2012. A ONG estadounidense Invisible Children loita contra as prácticas mortais de Kony, guerrilleiro ugandés, contra miles de nenos.

? Discurso de Barack Obama. A capacidade de conmover cun discurso: se unha persoa está disposta a traballar duro, non importa de onde veña nin que aspecto teña nin a quen ame.

? E 5 máis, que o profesor vos axudará a escoller, segundo os vosos gustos e idade: Ghañán Style, A canción de Gothie, Albert Casillas heroe do 25-S, Loewe, Nunca deixes de viaxar.

2. MELLORES IMAXES DO DÍA

? No xornal. Hai que distinguir entre as fotos que o xornal publica en papel, tales como en portada e en cada unha das seccións. ¿Son simplemente de ver ou alcanzan o título de ser contempladas, admiradas?

? Na edición dixital. Concretamente na sección de Sociedade, baixo o título de Álbum ou As mellores fotos (ou imaxes) do día, atoparedes, ademais das que xa saen nesa data no xornal, un conxunto de fotos, algunhas bonitas, outras espectaculares, que nos serven moi ben para a nosa discusión sobre ver / mirar fotos e por que. En cada unha atoparás información.

3. O PORQUÉ DE VER OU MIRAR

Segundo afirma o xornalista norteamericano Carl Warren no seu libro «Xéneros xornalísticos informativos», existen dez ingredientes motivadores que adoita ter un feito para que se converta en noticia e resulte interesante.

A. Actualidade. Resulta interesante o que acaba de suceder hai unhas horas ou días. E sobre todo «¡O último sobre o caso...!».

B. Conflito. Sempre aparece un gana-perde e implícanos enseguida cando tomamos parte a favor dunha situación ou outra, e iso vese na foto.

C. Consecuencias. Existen noticias que se acaban en si mesmas e duran pouco tempo, pero outras teñen consecuencias importantes e a xente di: «¡Agora estámolo pagando!».

D. Emoción. Afírmase que entre o amor e o odio está o eixo que move toda a nosa vida; por iso, todo o que leva emoción atrae o interese da xente.

E. Persoas. A noticia interesa enormemente cando implica a personaxes famosos e diminúe enseguida cando non os coñecemos.

F. Progreso. O que vai pasar, o futuro, todo o que implica benestar, o desenvolvemento humano, a saúde, a comodidade, a tecnoloxía, os inventos.

G. Proximidade. O que sucede lonxe ten menos interese. En cambio, «Foi aquí mesmo, nesta beirarrúa» ou tamén «Eu estiven alí e coñezo aquel lugar» chámannos enseguida.

H. Rareza. Aínda que ás veces volve ser noticia o de que o can morde a nena, segue séndoo moito máis o de que a nena morda o can.

I. Sexo. Algunhas noticias, porque informan directamente deste tema e outras, porque achegan datos aos que se lles busca relación co sexo.

J. Suspense. Din que o «continuará» nos xornais non funciona demasiado ben. Mellor resulta o «estase a investigar e en poucas horas saberemos algo máis».