Tamén fará un taller de plástica con nenos na libraría focense Bahía
15 mar 2013 . Actualizado a las 07:00 h.Aina Noguera (Palma de Mallorca, 1974) fai hoxe doblete en Foz, onde inaugura ás oito da tarde a exposición BalancEO, que poderá verse no Cenima de luns a sábado de 9.00 a 15.00 horas (excepto en Semana Santa, con horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00), pero antes, ás 18.00 ofrece un obradoiro de plástica para nenos na libraría Bahía, dentro do 50 aniversario deste establecemento (inscriben no local, por e-mail ou teléfono).
-É de Mallorca pero vive en Rúa (Cervo). ¿Como chegou aquí?
-Coñecín á miña parella facendo o Camiño de Santiago. El é de Muras. Temos un viveiro de loureiro. Comercializámolo para Andalucía, Valencia, etc... e ultimamente para Santander.
-Vive rodeada de natureza. ¿Lle inspira o entorno na súa obra?
-Tamén en Mallorca vivía en Palma, na cidade, pero acostumei de pequena a andar pola Serra de Tramontana de excursión. Ía comigo o de camiñar, visitar calas solitarias... Agora aquí é distinto, pero de cando en vez collo a bicicleta e vou polos camiños, polo monte. En canto á inspiración, é un cúmulo de cousas, tamén a vivencia cotiá. O movemento si que é algo, me gusta, a danza, camiñar, nadar... Cos pinceis hai movemento, é coma bailar.
-¿Que sente cando crea?
-É coma estar noutra órbita, noutro espazo... particular.
-¿Que obra veremos en Foz?
-Son 25 cadros, dos meus últimos anos e variados. Sempre estou en constante cambio, como sempre todo é novo. Agora nos últimos hai moitos recunchos, como buscando bastante a nitidez, como a mancha de cor busca a nitidez.
-¿Que traballará cos nenos?
-Sobre un poema. Traio unhas varillas de vimbio para facer unha pequena estrutura para cada neno e colgar aí as verbas dun poema desglosado... coma a imaxe dese neno que está contento cun globo no aire.
-¿Máis proxectos do 2013?
-Teño unha exposición paralelamente aberta en Málaga.
aina noguera artista cervense que expón dende hoxe no cenima en foz