Escribo dende o centro da ponte romana de Ourense, din que dende aquí se ve o mellor da cidade. Rodéame a paisaxe do Miño ao seu paso pola cidade, podo ver tamén as termas, a Blanco Amor redactando «A esmorga» e a Borja dando as primeiras patadas no Pabellón. Está tamén Yosi compondo Dolores, Chelo García Cortés dando os seus primeiros berridos e ao lonxe comeza a aproximarse o fútbol sala feminino, facéndose un oco entre as grandes facetas da cidade.
Se falamos de fútbol sala feminino e o lugar é Ourense, alguén (aínda non sabemos quen) oblígate a dividirte, eu, hoxe, dou uns pasos cara o barrio da Ponte (que tanto me fixo aprender e tantos momentos compartimos xuntos). Pero dende aquí grítolle a miña querida Vane Sotelo (Zipi) que comeremos hamburguesas seguido, que seguiremos coas fornadas de croasants e con tardes sofocantes de estudio, onde as sonrisas son necesarias. Seguimos sendo dúas estudantes de Ourense que compartimos fútbol sala. «Solo» iso, fútbol sala. Agora, una de verde e outra de negro. Unha dun lado da ponte e outra do outro, pero fútbol sala. Amigas, Ourense e fútbol sala.