A lectora

La Voz

FIRMAS

28 mar 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Calquera, agás pola noite na cama.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Recomendacións, o tema, o autor/a, ...

3. Que lle achega a lectura? Sobre todo, pracer.

4. Os seus libros favoritos. Ultimamente: Dádiva divina, de Rui Zink; El olvido que seremos, de Héctor Abad Faciolince e El arte de volar, de Antonio Altarriba e Kim.

5. Un xénero literario. Todos.

6. Un personaxe e un espazo literario. O barón Cosimo, de O barón Rampante, de Italo Calvino, e a aldea gala dos Astérix.

7. Que está a ler agora? Camiño andado, de Francisco Fernández del Riego, e Quen matou o Cantino?, de Xerardo Agrafoxo.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Rosa Aneiros e Gabriel García Márquez.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Música, películas e saír cos amigos.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. O cemiterio de Santa María A Nova visto dende as xanelas da Casa da Cultura de Noia.