O protagonismo da gaita volta á Terra de Montes

amelia ferreiroa LALÍN /LA VOZ

FIRMAS

A Banda de Gaitas de Forcarei presentará a novos integrantes no festival do vindeiro día 5.
A Banda de Gaitas de Forcarei presentará a novos integrantes no festival do vindeiro día 5. m. souto< / span>

Forcarei acolle o primeiro Festival de Música Tradicional

02 abr 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

O auditorio de Soutelo de Montes será sede este sábado, a partires das 20.30 horas, da celebración do primeiro Festival de Música Tradicional Galega que promove a Banda de Gaitas de Forcarei. Evento musical que se lle adicará a Ramiro Cortizo, coñecido popularmente como o Capador de Muras, «un home con moita sona en Terra de Montes, que nunca falta aos encontros musicais de Carboeiro e a quen lle pretendemos tributar un recoñecemento masiva a súa persoa, a título póstumo, no festival do vindeiro sábado», sentencia o integrante da banda de gaitas forcaricense Manuel Otero. Na intención da formación está continuar cada ano «resaltando neste festival a importancia dalgún membro de Terra de Montes, vencellado á música tradiconal, e mesmo abrir o recoñecemento a outras persoas de Galicia ou do país».

O festival do vindeiro sábado chega despois de que Forcarei celebrara ao longo de moitos anos unha festa tan recoñecida coma a do gaiteiro, «que desapareceu pola crise pero que tiña unha gran relevancia dentro e fóra da comarca. A Festa do Gaiteiro acadara o recoñecemento de Festa de Interese Turístico pero non foi posible manter a súa continuidade e nós, dende a Banda de Gaitas de Forcarei, pensamos que había que devolverlle a estas terras o protagonismo que se merece respecto da gaitas e dos moitos gaiteiros que aquí houbo ao longo dos anos». O auditorio encherase o saábdo dos sons do Coro Vales Mahía de A Bandeira, do Grupo de Baile Traspés de Vigo e da banda anfitriona. «Traspés é un grupo que inclúe baile, pandereteiras e charanga e para nós é unha satisfacción que veñan aquí ya que son un dos mellores grupos que hai en Galicia agora mesma, e con eles compartimos escenario o ano pasado no Festival de Lorient. Co Coro Vales Mahía estivemos recentemente na Bandeira e devólvennos visita».

A Banda de Gaitas de Forcarei prepara, por outra banda, algunha viaxe fóra da comunidade e os festivais e festas de verán.