1. O seu mellor momento para a lectura.
A tarde-noite.
2. Criterios que segue para a escolla dun libro.
Que me guste o argumento cando vou mercalo ou por recomendación de alguén.
3. Que lle achega a lectura?
Relaxación.
4. Os seus libros favoritos
El tiempo entre costuras, de María Dueñas. El velo del miedo, de Samia Shariff.
5. Un xénero literario.
As novelas policiais e de intriga.
6. Un personaxe e un espazo literario.
Lisbeth Salander e o Orient Express.
7. Que está a ler agora?
Tengo que matarte otra vez, de Charlotte Link.
8. Un autor en galego e outro noutra lingua.
Suso de Toro e Mary Higgings.
9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer?
Calcetar, ganchillar e pasear.
10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro.
A posta de sol con Muros e Louro ao fondo desde Fonforrón.