«Mañán o curso é para reforzar a autoestima das mulleres»

La Voz YOLANDA GARCÍA

FIRMAS

Trátase dun curso de «persoal branding» e marca persoal para mulleres dentro dos actos do 25 de novembro

18 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

A concellalía de Servizos Sociais de Burela que leva Diana Durán programa novos cursos para mulleres, parte dos cales integran a axenda con motivo do 25 de novembro (Día para a Eliminación da Violencia de Xénero). Neste último anotan xa, no CIM.

-Teñense visto cursos de autodefensa, autoestima, risoterapia. Neste caso, ¿cal é o enfoque?

-Por un lado é a sensibilización de outras mulleres de cara á prevención de violencia de xénero aínda que non a sufran e no caso das vítimas, potenciar habilidades sociales para integrarse no mundo laboral e mellorar a súa autoestima. Dentro destas, hainas que acaban de ser vítimas e outras coas que levamos traballando máis tempo dende o propio CIM con asesoramento psicolóxico e xurídico tanto a través de avogada como psicóloga. Estes obradoiros serven para reforzar o traballo que se vén facendo.

-Últimamente trabállase bastante a intelixencia emocional, fanse talleres de coaching...

-Por exemplo, no curso de creatividade veu xente dar as grazas, algunha persona agradecendo que se sentira realizada... Ademáis son cursos moi curtos pero fan ver o día a día dende outro punto de vista. No de creatividade se lles axudou a aprender a utilizar a propia, non tanto de cara a buscar un posto de traballo senón para afrontar situacións da vida cotidiana. É para repetir porque hai xente que non ve as súas potencialidades ou non sabe como sacalas e si que as teñen.

-En resume, ¿trátase de que se valoren máis e se fagan máis independentes as mulleres?

-A algunhas ou lles faleceu o home ou se lles van os fillos a estudar fóra, e algunhas sinten iso como un duelo, ou se acaban de separar... O fin é que aprendan a estar contentas consigo mismas, se relacionen e aprendan a xestionen o estrés.