Oedificio Simeón, fundado por Simeón García Olalla, nace a finais do século XIX para albergar unha actividade comercial vinculada ao sector téxtil. A obra foi un proxecto do arquitecto catalán Antoni Serra i Pujals de 1892 e remata en 1896. Foi unha construción do seu tempo, con aspectos da renovación arquitectónica e de progreso que imperaba naquel momento con claras influencias da arquitectura europea de finais do XIX, conxugando a pedra con outros materiais como o vidrio e o aceiro.
Inicialmente, o edificio foi proxectado con baixo, tres plantas e torres en cada unha das esquinas, pero finalmente eliminouse unha planta e as torres, decisión que lle conferiu un carácter menos impoñente e máis amable coa rúa e os viandantes. A principios do século XX establécese en parte da planta baixa o Banco Simeón. O imperio Simeón foise agotando co paso dos anos e en 1986 a Deputación de Ourense merca a edificación. No seu baixo situouse a Escola de Artes e Oficios e á primeira planta trasladáronse parte dos arquivos da Deputación e o seu departamento de estatística. Na segunda planta estivo o estudo do pintor Julio Tizón e tamén a Escola de Idiomas. Así foi ata que se iniciou a reforma do centro cultural con tres zonas diferenciadas: espazos expositivos, espazos didáctivos e a sede da Biblioteca Provincial.