Miguelanxo Prado conta que, de non ser ilustrador, sería «naturalista»
06 ago 2015 . Actualizado a las 19:00 h.
De que cor non poderías prescindir nas túas ilustracións?
Non é por poñerme estupendo, pero é o seu nome: verde de pftalacianina. Non está moi lonxe do verde esmeralda.
Que che gustaría ser se non foses ilustrador?
Naturalista.
Un lugar en Galicia no que inspirarse?
Calquera recanto a carón do mar. O faro de Punta Cabalo, na Illa de Arousa, por exemplo.
Que sentes cando estas debuxando?
Que estou a piques de entender como funcionan a relatividade e os multiuniversos cuánticos. A miña realidade nese tempo é outra.
Un edificio de arquitectura?
O Chrysler Building de Nova York.
Un ilustrador emerxente ao que seguirlle a pista?
Oriol Hernández.
Un ilustrador inxustamente olvidado?
Ricard Castells.
Cal é para ti o mellor ilustrador da historia?
Carl Larsson. Por dicir un... pero serían un feixe máis.
Unha escena dunha película?
Cando a androide está a mirar as fotografías familiares de Deckard sobre o piano, na película de Ridley Scott Blade Runner.
Quen foi o causante de que te dedicaras á ilustración?
O meu pai Ángel e Pilar (unha especie de tía «adoptiva»). Con el aprendín a admirar o que fan os demáis; con ela, a crer que eu podía facelo.