Competición sanciona con dous partidos de suspensión o adestrador do Vilalonga por non apreciar agresión

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

FUTBOL GALLEGO

Luciano González, adestrador do Vilalonga
Luciano González, adestrador do Vilalonga Martina Miser

O comité federativo atendeu parcialmente as alegacións do club celeste tras visualizar as imaxes de vídeo que presentou

29 may 2024 . Actualizado a las 20:21 h.

O Comité de Competición e Disciplina da Real Federación Galega de Fútbol acordou sancionar con 2 partidos de suspensión o adestrador do Vilalonga, Luciano González, polos incidentes nos que participou ao termo do encontro de cuartos de final de Copa Rías Baixas fronte ao Céltiga, disputado o pasado domingo no Novo San Pedro.

En contra parcialmente do recollido polo colexiado do partido, e tras visualizar as probas videográficas achegadas polo Vilalonga nas súas alegacións á acta arbitral, os membros do Comité de Competición «de manera unánime entienden: Que no es posible apreciar el error arbitral manifiesto que el Vilalonga considera concurrente. Lo que sí se observa en la prueba videográfica en relación a los hechos que derivaron en la expulsión del entrenador es un ligero golpe en la mejilla de un jugador rival no alcanzando la categorización de agresión y sí el de la provocación u ofensa», pola que se lle impón un partido de sanción. O segundo partido de castigo é «por dirigirse hacia otro jugador del equipo visitante, José Rey, haciendo gestos de manera provocativa en señal de burla», sanción mínima por considerar Competición unha provocación previa do xogador do Céltiga con varios empurróns recollidos nos vídeos achegados polo Vilalonga e que lle custaron un partido de sanción a José Rey.