O Vilalonga abandona o último posto coa súa segunda vitoria da temporada
FUTBOL GALLEGO
Derrotou con solvencia o CD Valladares (1-2) no partido adiado da décimo segunda xornada adiado polo temporal
07 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O Vilalonga selou na noite do xoves a súa segunda vitoria da temporada, a primeira fóra do Novo San Pedro. Tres puntos froito da súa superioridade sobre o Valladares, ata ese momento o segundo mellor conxunto local do grupo galego da Tercera RFEF e invicto no pequeno campo da Gándara con tres vitorias e dous empates. O 1-2 final no encontro aprazado da xornada 12 permítelle ao conxunto celeste que dirixe Alberto Mariano librarse da etiqueta de pechacancelas a lo menos durante dez días, logo de que o Betanzos perdese onte 0-1 co Alondras no seu duelo da xornada 14 do campionato regular.
O Vilalonga apostou por tentar baixar o coiro na Gándara e por unha asfixiante presión sobre a saída do balón dun Valladares que fiou a súa sorte ao fútbol directo. Un erro na saída de balón facilitoulle no minuto 19 o único tanto ao cadro local, con Miguel Freiría gañándolle a partida a Rodri no seu man a man.
Logo de gozar dun disparo á madeira de Tomás á media hora de xogo, o Vilalonga materializou a súa superioridade con Martín Pérez e Juan aproveitando dous bos pases en catro minutos, entre o 68 e 72. Varo asinaría o segundo pau celeste do partido.
FICHA DO PARTIDO:
CD VALLADARES (1): Comesaña, Andrés, Berto (Suco, min 82), Totti, Tomás (Diego Souto, min 60), Sevito (Pablo, min 73), Peku, Dieguito, Miguel Freiría, Héber (Monroy, min 73) e Coira (Rubén, min 60).
AROUSA (2): Rodri, Juan, Nico, Raúl (Varo, min 68), Marcos Blanco (Héctor, min 85), Jesús Barbeito, Martín Pérez, Tomás (Monchito, min 78), Iker (Mateo, min 85), Wachi e Portas (Dieguito, min 68).
GOLES: 1-0, min 19: Miguel Freiría. 1-1, min 68: Martín Pérez. 1-2, min 72: Juan.
ÁRBITRO: Miguel Ferrol Rial. Amonestou os xogadores locais Coira, Heber, Totti, Sevito e Rubén; e os visitantes Raúl e Monchito.