
28 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Pendente onte de acordar co Viveiro a nova data do seu duelo na Lomba dunha xornada 19 da Tercera RFEF aprazada na súa totalidade pola Real Federación Galega de Fútbol, o Arousa xogará este domingo, desde as 17 horas, o seu partido a domicilio da xornada 20 co Noia. E faráo cunha novidade na súa convocatoria, Luis Castro, que vén de recibir a alta médica da súa rotura fibrilar o 14 de decembro ante o Estradense.