O Arousa recibirá o domingo o Estradense sen o mancado Dani Sánchez nin Concheiro, por sanción
FUTBOL GALLEGO

O Vilalonga adianta o seu choque co Somozas ao sábado por ter que volver a encarar unha semana de tres partidos
23 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Arousa volverá pechar unha nova xornada de Liga de Tercera RFEF. Como nas súas dúas anteriores comparecencias no estadio da Lomba, fronte ao Somozas e ao Viveiro, o conxunto que adestra José Luis Lemos vén de optar por programar o que será o seu antepenúltimo encontro do calendario do campionato da regularidade ás 19 horas, na derradeira franxa horaria da xornada 32. Diante, o conxunto revelación esta temporada no grupo galego da quinta categoría do fútbol español, o CD Estradense.
Lemos prepara o choque sen o concurso de Dani Sánchez nin de Concheiro. O defensa canterano continúa pendente de facer unha resonancia que determine a gravidade da lesión que no minuto 22 do partido do pasado xoves obrigou o seu relevo no duelo co Viveiro. O seu substituto entón e heroe da familia arlequinada cun gol no minuto 95 que poñía o definitivo 3-2 no marcador, Concheiro, tampouco poderá enfrontarse ao Estradense, no seu caso ao completar o ciclo de cinco tarxetas amarelas.
O Vilalonga, o sábado
Pola súa banda, o Vilalonga fixou o seu partido co Somozas no Novo San Pedro o sábado ás 19 horas, sendo que o vindeiro xoves, 1 de maio, deberá recuperar o seu choque adiado co Betanzos.