O infinito legado de Kiko Rey no fútbol de Viveiro

FUTBOL GALLEGO

<span lang= gl >Kiko, arroupado polo conxunto cadete da SD Viveiro que adestra.</span>
Kiko, arroupado polo conxunto cadete da SD Viveiro que adestra. PEPA LOSADA

13 may 2025 . Actualizado a las 13:02 h.

Defendeu a camiseta do Real Madrid e ata un campión de Europa como Andoni Zubizarreta sufriu un olfato de gol que paseu por tódalas categorías do fútbol español, incluida a elitista Primeira División. Lugo, Ferrol, As Pontes, Salamanca, Almería, León, Éibar, Ourense e Barreiros festexaron tamén a súa puntería e agradeceron a súa ética de traballo, pero só Viveiro entende na súa totalidade a dimensión real de Kiko Rey, o futbolista, formador e persoa.

Alonxado do ego e dos discursos grandilocuentes que contaminan o fútbol moderno, xa mentras ofrecía os seus últimos servizos ao Viveiro CF hai dúas décadas Kiko se volcou en transmitir a súa paixón ás novas xeracións desde o mimo ao talento e o fomento da cultura colectiva. «O que quería vivir no fútbol xa o vivín, non teño interese en facer carreira como adestrador», afirmou cando rexeitou titularse para adestrar ao Xove Lago sénior un home que demostrou os seus coñecementos e liderado nas canteiras da Escola de Fútbol Viveiro, Praia de Covas, o propio club xovense e SD Viveiro.

Diagnosticado de esclerose lateral amiotrófica (ELA) segue impartindo leccións deportivas e de vida nun impoñente conxunto cadete da SD Viveiro. Feliz por facer a súa vida xunto á súa parella e dúas fillas na mesma vila que o veu medrar en Celeiro e anotar os seus primeiros goles nos Diablos Rojos, afronta a enfermidade coa mesma naturalidade coa que se movía dentro da área nos campos de fútbol. «Non me sinto un desgrazado, fixen todo o que quixen», explica.

O seu legado no fútbol de Viveiro é infinito. Probablemente ninguén deixou unha pisada tan firme nun estadio de Cantarrana que pronto podería levar o seu nome.