O Juventud Cambados falará esta semana con todos os xogadores do ascenso

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

FUTBOL GALLEGO

MARTINA MISER

As esixencias da Tercera RFEF apuntan a unha notable renovación no equipo

25 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Pechada a semana das celebracións, toca poñerse mans á obra para tentar confeccionar un cadro de futbolistas que asegure a continuidade do Juventud Cambados dentro dun ano, unha vez completada a tempada do seu regreso á Tercera case tres décadas despois. O adestrador do conxunto de Burgáns, Pénjamo, e o director deportivo do club, Fol, falarán ao longo da presente semana con todos os integrantes do equipo que vén de conseguir o ascenso «para coñecer os seus plans, e logo decidir».

As palabras son do Fol, que adianta que serán numerosas as baixas no equipo. Non por desexo do club. Por un lado, xa se coñece que Batallón se despide do Juventud tras seis campañas, ao trasladarse a Madrid para cursar un máster en Farmacia, e que Roberto Pazos se retira con 44 primaveras. Ademais, na Tercera RFEF só se permiten 16 fichas séniores e as esixencias físicas da categoría poderían animar a máis dun a declinar o salto, di Fol, ao que engade a intención do club de «ter polo menos un xogador por liña que teña experiencia na Tercera».