O Céltiga ficha o defensa arxentino de 19 anos Nico Rosas

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

FUTBOL GALLEGO

Procedente do Negreira de Preferente, con 16 anos mudouse do seu país natal a Turquía na procura dunha carreira coma futbolista

17 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Céltiga anunciou onte a fichaxe do defensa arxentino de 19 anos Nico Rosas. Con capacidade para xogar tanto de central coma de lateral, rápido, forte, intenso, competitivo e dominador do xogo aéreo, subliñan desde o club da Illa, o novo xogador de Luis Carro chega tras unha gran tempada no Negreira, que quedou ás portas do ascenso á Tercera RFEF. Rosas marchou de Arxentina con 16 anos para buscarse un futuro coma futbolista en Turquía, Italia e Galicia.