CONTENIDO PATROCINADO
Ofrecido por Eidosela

Eidosela Adegas Atlánticas comeza o ano 2024 estreando unha nova na que, ademais de nova identidade visual e corporativa, tamén se adentra no mundo do deporte

A adega de Arbo, pioneira na elaboración de viño escumoso dentro da Denomación de Orixe Rías Baixas, convértese nun dos principais patrocinadores dunha das probas deportivas máis relevante de Galicia, como é O Gran Camiño, a volta ciclista internacional que, desde mañá e ata o domingo 25, reúne aos mellores equipos do mundo.

Máis de dúas décadas despois da súa fundación, Eidosela Adegas Atlánticas atópase en plena transformación. Ese proceso inclúe consolidar esta nova relación cun deporte moi arraigado, que tantos valores comparte co mundo do viño, como son o sacrificio, o traballo en equipo e o esforzo titánico que supón chegar a bo porto a final das etapas ciclistas e das etapas da elaboración do viño. Todo isto sen esquecer a importancia da historia e da tradición galega, coa cal tamén se identifica plenamente Eidosela Adegas Atlánticas. Os seus viños compartirán protagonismo co pelotón nestas catro etapas. Ao remate de cada unha delas, no podio abrirase un escumoso Brut de 1,5 litros. Ademais, cada gañador será obsequiado cunha botella Magnum. Por se isto fose pouco, sortearase unha experiencia no río Miño e unha fin de semana nunha casa rural, todo por cortesía do patrocinador. A maiores, Eidosela Adegas Atlánticas obsequia aos 17 equipos participantes na proba cunha caixa do seu viño.

Esta será a primeira experiencia da adega do Condado do Tea como patrocinadora dun evento deportivo de primeiro nivel. Unha iniciativa que, lonxe de ser puntual, aspira a perdurar no tempo. Porque Galicia, o seu viño, as súas paisaxes e os valores do deporte poden e deben ir da man.

Cómpre lembrar que a nova imaxe de Eidosela Adegas Atlánticas, protagonista tamén nestas catro etapas da volta ciclista galega, inspírase nun dos grandes símbolos da parroquia de Sela, onde se atopan as instalacións da empresa. Trátase do escudo da Igrexa de Santa Mariña, que data do século XVII. Estas pinturas, de estilo barroco popular, atópanse na bóveda de cañón situada sobre o prebisterio do templo, no altar maior, e representan o Ciclo da Paixón de Cristo (Paixón, Morte e Resurección), característico da época. Ademais, este escudo tamén representa á familia Puga e Novoa, que foi a que impulsou a construcción da igrexa parroquial.

A simboloxía da nova imaxe corporativa representaos valores e a imaxe que quere transmitir Eidosela Adegas Atlánticas no comezo desta nova etapa e que caracterizan a súa ampla traxectoria no sector. Por unha banda, fai referencia á historia e ás raíces do lugar que viu nacer á adega, ao tempo que se pon en valor o clima atlántico dos seus viños, que proveñen dos viñedos situados a orillas do río Miño, nunha extensión que supera as 60 hectáreas.

Esta remodelada identidade visual representa e evoca, asemade, a tradición dos viños con lamprea, a paisaxe fluvial e as pesqueiras. A cor azul, que tamén fai referencia ao mar e ao clima atlántico, cobra especial protagonismo nesta nova etapa.