A intensidade é o camiño

Moncho Carnero A DOS BANDAS

GRADA DE RÍO

14 feb 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Opartido co Atlético de Madrid vai ser complicado a pesar de que eles chegan con baixas. É un rival que compite moi ben, polo que o Celta terá que traballar arreo para sacar algo positivo. O equipo de Simeone presume de ter unha defensa moi forte e ademais teñen un control da estratexia case perfecto. Precisamente esta é unha parcela na que o Celta sofre bastante.

De todos xeitos, non hai que esquecer que o fútbol son 90 minutos e nunca hai nada escrito. Creo que o Celta ten que tentar igualar a intensidade do rival e sobre todo non pode permitirse despistes a nivel defensivo. O equipo ten que incrementar a intensidade defensiva ao cen por cen porque é un problema que o equipo está arrastrando dende hai partidos.

En canto ao plantexamento, ao ser na casa, o Celta debe tratar de manter o seu estilo. Non estaba facendo mal fútbol aínda que se bota de menos máis intensidade. O Atlético, aínda que é un equipo difícil, non é ningún coco, e os de Berizzo sábeno. Xa empataron alí.