Touriñán, celtista á forza por «culpa» de Jonny

La Voz VIGO

GRADA DE RÍO

CEDIDA

O cómico, deportivista recoñecido, puxo a camiseta do Celta hai uns días nunha representación teatral en Vigo por unha aposta co xogador céltico

11 abr 2018 . Actualizado a las 10:22 h.

Trala vitoria do pasado sábado fronte ao Sevilla, os célticos Sergi Gómez e Jonny Otto marcharon ao teatro. Os dous compartiron imaxes en Instagram xunto co elenco do espectáculo Lechazo á feira, encabezado polo recoñecido afeccionado do Deportivo Xosé Antonio Touriñán, do que desfrutaron trala vitoria.

«Qué bien nos lo hemos pasado con @touri @davidamor @alexclavero81 y @jj_vaquero! Muchas gracias por todo y volved pronto!?? #lechazoafeira #touriconlaceleste», escribía o canteirán do Celta en Instagram. Porque un momento que sorprendeu a varios espectadores que o recolleron a través de Twitter foi o de ver ao cómico -membro tamén do elenco de Fariña- enfundado coa camiseta do Celta. «Aspostas que non se deben facer» o «A culpa é miña por apostar co Jonny...», xustificábase o actor ante as preguntas dalgúns seguidores.

Tamén no momento de compartir unha imaxe da actuación -sen a camiseta do Celta posta-, Touriñán falaba dunha «noite espectacular», pero precisaba: «Que mal o pasei por momentos», en referencia á anécdota da noite. Non é a primeira vez que Touriñán «coquetea» coa celeste. En febreiro do 2016 el e máis Marcos Pereiro gravaron un sketch do programa que facían daquela na sede da peña da Illa, Carcamáns. O nexo daquela foi o actor celtista e peñista desa agrupación Carlos Blanco.