O celtismo festexa o Día de Galicia presumindo de canteiráns

La Voz VIGO

GRADA DE RÍO

RC CELTA

O clube comparte unha imaxe dos dez xogadores con pasado na canteira que formarán parte do primeiro equipo esa tempada

25 jul 2019 . Actualizado a las 14:54 h.

O Celta celebrou hoxe o Día de Galicia cunha imaxe dos dez xogadores con pasado na canteira que formarán parte do primeiro equipo esta tempada. Iago Aspas, Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Kevin Vázquez, Santi Mina, Denis Suárez, Brais Méndez, David Costas, Rubén Blanco e Iván Villar son os protagonistas dunha imaxe da que presumen o clube, a afección e algúns dos protagonistas.

Foi o caso de Denis Suárez, que compartiu a imaxe engandindo «un orgullo», mesmo sentimneto expresado por moitos afeccionados. «Un equipo da terra. Un conxunto de loita, paixón e afouteza. Galegas e galegos, hoxe é un día fermoso. Feliz #DíaDeGalicia! Por unha tempada de ilusión e corazón. #IstoVaiDeCorazón», foi a mensaxe do Celta.

Xogadores foráneos como Fran Beltrán ou Claudio Beauvue sumáronse tamén con mensaxes relativos á festividade do 25 de xullo. Fixérono tamén multitude de peñas celtistas e afeccionados.